AREA SOCIAL

Información de actividade deportiva social e cultural 

Lumieira Cup 2018

🥋Campamento Lumieira 2018Este xoves, 19 de xullo, o noso adestrador de #Taekwondo desprazouse ás instalacións do campamento Lumieira Cup para compartir xogos e actividades co monitorado do campamento e as preto de 50 rapazas e rapaces que se deron cita na xornada. Galería de fotos: https://photos.google.com/share/AF1QipMTEQebtHYMZowISZ2lb5R9A5zqoydmGTSKzyC50fRqGpgDPWFQy1cpyckcWxUkEA?key=Y3lfZVFVX0tGUmxiYjFSQWR4Tm1zbjgyX3BXcGRRUnha boa xornada 😊

Campamento deportivo Campo de Luz

🥋Campamentos deportivos
Esta semana estivemos colaborando como é habitual no Campamento CampoDeLuz 2018 que se leva a cabo na cidade de #lugo coa colaboración do noso adestrador de #taekwondo e a participación de medio centenar de rapazas e rapaces.
Unha experiencia nova que aportamos ós máis xóves

Somos Unidos Contra el Cáncer

Primeira tanda hoxe colaborando con SOMOS Unidos por el Cáncer sempre por unha boa causa. #valores #lugo

DEMO IES LEIRAS PULPEIRO

🥋 Hoxe dous dos nosos deportistas de combate realizaron unha breve demostración no IES Leiras Pulpeiro de Lugo.
Gracias a tódol@s asistentes

Colaboración clubs 2017

Xullo 2017. Os nosos deportistas xunto co club Jansu de Vilalba desprazáronse ata Monforte de Lemos para levar a cabo unha xornada de técnica baixo a dirección de J.M.Vega, seleccionador galego. A xornada rematou pola tarde cun xantar e convivio na Piscina de Ferreira de Pantón.

CampodeLuz 2017

Campamento Urbano deportivo CampodeLuz 2017, que se levou a cabo en Lugo, na zona deportiva de Frigsa. A nosa entidade colabora con deportistas e adestradores que achegan o TKD a este evento.

2017 LUMIEIRA CUP

Colaboración dos nosos adestradores e deportistas levando o Taekwondo a rapazas e rapaces de lugo e arredores que tomaron parte na edición 17 da Lumieira Cup

Adestramento en Santiago de Compostela

O sábado 11 de marzo tomamos parte en Santiago de Compostela na convocatoria da USC de combate e adestramento coa perspectiva do Campionato de España Universitario. ¡GRANDES!

ROMAXE PENAS DE RODAS

Socios, compañeiros, deportistas e amigos participamos o 7 de agosto na Romaxe Penas de Rodas, donde realizamos unha convivencia, xogos, xantar, merenda, participamos nas actividades do evento e tamén realizamos a cerimonia e entrega de cintos ós novos DAN/PUM da entidade.

¿Queres ver máis? Pincha na imaxe!!!

Colaboración con LUMEIRA CUP 16

Campamento Polideportivo

Preto de medio centenar de nenos e nenas desfrutaron co taekwondo e coñecéronno da man dos nosos técnicos e deportistas. Tanto con demostracións espectaculares como cunha práctica amena, lúdica e divertida coñeceron o Club Sangiao TKD e todo o que o rodea.

¡¡¡Non te perdas a galería completa de fotos pinchando na imaxe!!!

Colaboración CAMPO DE LUZ 2016

Campamento Deportivo Urbán

Durante o mes de Xullo de 2016 os nosos técnicos e deportistas colaboraron co Campamento polideportivo Campo de Luz, que congregaba a decenas de rapaces e rapazas entre os 6 e 13 anos. Tansmitimos os nosos valores e vivenciamos una práctica básica e lúdica facendo chegar o noso deporte e o noso clube a todos eles.

((PINCHA NA IMAXE PARA GALERÍA DE FOTOS))

CONFRATERNIZACIÓN

Para ver galería de fotos completa pincha na imaxe. Ruta de sendeirismo matinal 12 km.

Descanso para xantar, recuperación de forzas e sesión de xogos e paseo pola tarde. (Galería pinchando na imaxe)

ADESTRAMENTO CONXUNTO

Colaborando entre os Clubs Sangiao, Jansu e Taeguk

ADESTRAMENTO CONXUNTO ENTRE CLUBS

Colaboran Club Sangiao, Club Jansu e Club Taeguk

COLABORACIÓN E INTERACCIÓN ENTRE CLUBS
O Club Jansu celebra a posta en marcha desta nova entidade, promovida por deportistas e afeccionados ó taekwondo que inician unha nova etapa enmarcada nun contexto de convivencia e fomento duns valores e principios propios desta nosa disciplina.
Pola súa parte dende o Club Sangiao Taekwondo congratúlanse do proxecto de colaboración mútuo en distintos ámbitos, así como do apoio recibido por parte de Juan Carlos Quintana, o Club Jansu e colectivos deportivos e sociais de moi variada índole que animaron á realización deste novo proxecto.
Animámosvos a todos a celebrar con nós, con alegría e ilusión, esta nova iniciativa; do mesmo xeito que animamos a cada persoa, con este acto a celebrar a convivencia entre as distintas entidades deportivas e o respecto mútuo que aquí escenificamos.
¡¡¡Un saúdo e gracias a tod@s!!!
© 2016 SANGIAO TAEKWONDO CLUB
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar
AREA SOCIAL