SECCIÓN RUNNING

Sección deportiva do club adicada á práctica do atletismo nas seccións de carreira, trail e duatlón/triatlón

Benquerencia Terra e Mar

🏃🥇 Raul López imponse en Benquerencia.
O atleta xuvenil gaña con comodidade na súa categoría facendo incluso un formidable tempo na categoría absoluta (16° na xeral 💪). Noraboa a el e a tódol@s atletas que desfrutaron co deporte esta fin de semana.
🤗🤗Noraboa equipo!!

TRAIL GALAICA: PANTÓN

⛰️Trail Galaica - Pantón
Hoxe o club patrocinado e sponsorizado por Suministros la Ronda acada unha nova victoria. 🥇Nesta ocasión na categoría senior da distancia longa do Trail de Pantón.
Noraboa equipo 💪

Curtis-Teixeiro contra o cancro

🏃Curris-Teixeiro 11k
No día de hoxe un dos nosos deportistas acadou a 🥈prata nesta proba solidaria contra o cancro, que organizaba a F.G. de atletismo.
Noraboa equipo Suministros la Ronda

Carreira Concello de Begonte

Os nosos xuvenís continúan coa súa racha. Desta ocasión acadan unha prata e un bronce da man de Raúl e Adrián. Unha carreira desputada ata o final.

Pola súa banda o resto de compoñentes realizaron unha fantástica carreira, dende a categoría mini ata vetetráns.

Carreira Solidaria CPI Cervantes - Lugo

🏃🤙Carreira Solidaria Colexio Cervantes

Ouro para Raul, Prata para Ruth e Bronce para Adrián.


Noraboa e un gran traballo de base.

"Hai Canteira"


Media Maratón Cidade de Lugo

🏃💪Medio Maratón Cidade de Lugo
Roberto G. sube ó podio cun terceiro posto en veteráns donde @s atletas desfrutaron, suaron e fixeron unha boa carreira 💪
Noraboa ó equipo e a Roberto que cada vez se sinte mellor coa distancia

TRAIL DO LOR

Powerade Quiroga Trail Challenge, Trail do Lor:

Bronce para Roberto Gonzalez Garcia no Trail do Lor #Quiroga Trail Challenge
Grande crack!!!


PORTOMARÍN "Augardente"

🏃Portomarín
Un percorrido fermoso ó carón do río no que a pesares da data puidemos participar. En masculino Iván acadaba un 3°posto mentres que en feminino Enara ficaría na 7° posición.
⚠️Nesta data de retorno para moit@s recomendamos atención, previsión e prudencia ó volante

TRAIL LUCUS MOUNTAIN

🏃Trail Lucus Mountain ⛰️

Hoxe os nosos deportistas desputaron esta fermosa proba polos montes de #lugo desfrutando un bó ambiente e un percorrido fermoso.
Iván Sangiao acadaba o 5°posto na súa categoría mentres que 🏅Roberto González alcanzaba o podio cun formidable bronce 🏅
💪Noraboa a tod@s

CORRE CON NÓS

🏃Corre Con Nos Rio Rato 🏃

A pesar das baixas varios dos nosos atletas desputaron a carreira da capital estreando equipacións Suministros la Ronda

Noraboa

10K MONTERROSO

🏃10k Monterroso 💪

Os nosos deportistas seguen sumando e desfrutando coa mellor das compañas. Hoxe andaina e carreira 10k organizados pola federación galega de atletismo e o concello de Monterroso.
🏆Roberto Gonzalez continúa asíduo ao podio cun gran 3° posto a pesares de estar recuperándose da súa lesión no cross de lourenzá.

Tamén participamos na "andaina" que se levou a cabo tamén nos 10 K, mérito polo chaparrón que sufriron varias das nosas compañeiras

Rábade - Memorial "Negrín"

🏃 Este último sábado de xaneiro @s nos@s atletas desprazaranse ata a veciña localidade de Rábade.
Alí terá lugar o Memorial Eduardo Fernández "Negrín", unha cita tradicional donde acudirán parte dos nosos equipos feminino e masculino.
Desfrutádeo

CROSS LOURENZÁ

🏆 Victoria hoxe de Rober no Cross da Mariña. 🏃 Boa carreira, bó ambiente e unha xente fantástica 💞 #running #lugo #cross. #lourenzá

CORRE CON NÓS

🏃CORRE CON NÓS 2018🏃Hoxe varios dos nosos deportistas desputaron a primeira carreira. Unha proba moi animada donde o pasamos en grande deportistas e acompañantes.Mañá domingo competimos en Lourenzá 💪

II CROSS PONTE ROMANA

Debut de Roberto González na modalidade de Cross, non podendo ser doutro xeito que na cidade de Lugo en un evento inigualable adherido ó circuíto ANOC e incluído dentro do calendario oficial da Federación Española de Atletismo na modalidade de cross.

Fantástica estrea do noso deportista acadando un meritorio 13º posto nunha das categorías con máis experiencia do evento.

Carreiras de "Reis" - 7/7/18

Os nosos deportistas inauguran este ano 2018 en dúas probas moi dispares, por un lado Iván Sangiao nos 14km de Castro facendo un 10º posto da categoría e Roberto González nos 7km de Sariegos (León) facendo un 3º posto da súa categoría. ¡NORABOA!

SAN SILVESTRES

Os días 30 e 31 de decembro os nosos atletas desputaron as "San Silvestre" en moi variados lugares: En Lugo, organizada polo Club Fluvial, en Rábade, en León e en Cáceres. FELIZ ANO DEPORTISTAS

XV LUGO MONUMENTAL

Edición de 10 km na cidade de Lugo, un marco inigualable para estrenar as novas equipacións.

II Cross Vila das Pontes

Primeiro Cross da sección de atletismo da entidade.

Proba levada a cabo no entorno da Fraga de As Pontes, nun ambiente húmido ó carón do Eume.

I CARREIRA CAMPUS TERRA - LUGO

Primeira edición desta carreira, organizada polo Campus Terra da USC. O percorrido iniciou no Estadio Gregorio Rivera e percorreu o Campus Universitario lucense ó longo de máis de 7km para rematar de novo nas pistas de atletismo.

ROBERTO GONZÁLEZ acadou o segundo posto proclamándose SUBCAMPIÓN na categoría Master

URBAN TRAIL NIGHT EUROCIDADE

Primeira proba internacional para o noso combinado.

Ata Valença-Tui desprazamos ós nosos dous corredores máis veloces, Roberto G. e Iván S. que percorreron as dúas localidades históricas en menos de 50 minutos facendo deste peculiar trail nocturno de 14 km unha cita recomendable.

NORABOA

Coruña 10, Trail Monte Comado, Memorial Quique Casanova, Solidaria de Cambre, Pedestre de Santiago

Un mes de outubro moi completo, cunha multitude de eventos xenerosa e cos nosos atletas desputando moi diversas probas, rematando coas 3ªs prazas no Memorial Quique Casanova en O Corgo e a famosa Pedestre de Santiago de Compostela na súa 40 edición.

Sumamos quilómetros de amizades e boas experiencias. ¡SEGUIMOS!

TOUR DA MARIÑA

Roberto González proclámase gañador do Tour da Mariña 2017, primeiro posto en categoría Veteráns e 3º posto en categoría absoluta. O seu compañeiro de equipo, Iván Sangiao alcanzou a 3ª posición en categoría Senior e a 5ª praza na absoluta.

Nocturna Burela + Run Foz Run

Carreiras de Pardiñas e Os Vilares

NOCTURNAS DE VERÁN

Nocturna Ferrol

Nocturna Vilalba

Nocturna Rinlo-Ribadeo

CARREIRA SOLIDARIA OUTEIRO DE REI

Carreira solidaria en colaboración con "Somos" na que se recadou fondos para a axuda na loita contra o cancro.

Unha carreira desputada no veciño concello de Outeiro de Rei coincidindo coas festas de Santa Isabel, en cuxa área recreativa rematou este evento.


GUITIRIZ TERMAL

Carreira desputada o 18 de xuño donde alcanzamos o podio da man de Adrián, que non só correu a súa categoría xuvenil senón a de adultos (prata) e Roberto en veteráns con un bronce

© 2016 SANGIAO TAEKWONDO CLUB
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar