Asamblea Xeral Extraordinaria

TAEKWONDO E MOITO MÁIS

Somos máis que un clube, coñécenos, ¡ÚNETE E DESFRUTA!

DEPORTE E SAÚDE

Con paciencia e traballo, sempre xuntos, adestramos, competimos e divertímonos e tódalas facetas que a práctica do Taekwondo, Running e o deporte en xeral, máis a convivencia nos brindan día a día.

AMIZADE

A nosa base é a amizade, o diálogo e o benestar de tódolos socios e socias. En cada actividade social ou en cada adestramento a convivencia é primordial.

SUPERACIÓN

Canda deportista é unha peza dun todo. Motivación, ánimo, esforzo, perseverancia, cortesía, espíritu indomable son algúns dos nosos principios...

CONTACTO COA NATUREZA

O medio natural que nos rodea, único

Estamos situados en Lugo, coa nosa MURALLA PATRIMONIO DA HUMANIDADE donde temos a nosa sede, en pleno contacto cos Ríos Miño e Rato. Tamén contamos cunha zona de adestramento a 1 km da coñecida área "Penas de Rodas" en Outeiro de Rei, dende donde se pode divisar a inmensidade da Terra Chá.

Tamén a menos de 1 km o Río Ladra, coa súa flora e fauna nos ofrecen unha compañía única.

A 800m está o punto de partida da "Ruta dos Miradoiros da Terra Chá", PRG155.

Animamos tamén a coñecer as "Vías Romanas" da nosa cidade, máis info en www.lugo.es

ORIXE DO CLUB

Descubre cómo xurdíu Sangiao Taekwondo...

No mes de Febreiro de 2016 distintas persoas chegadas de varios Concellos da Provincia de Lugo decidiron poñer en marcha a creación dun novo Club de Taekwondo para dar saída ás súas inquedanzas e necesidades. Por suposto todos coa firme convicción de crear un club democrático, limpo e transparente donde tódolos deportistas teñan cabida, donde se trate con total igualdade e imparcialidade a cada un dos seus membros... Nos nosos principios estabamos de acordo, e puxémonos en marcha...

¿CÓMO NACE O NOME?
De xeito completamente democrático, cada socio propuxo un nome para o novo club e entre todos procedeuse á votación. Sairon nomes moi dispares e deu moito que pensar... Por moi poucos puntos saíu elexido "Sangiao Taekwondo".

O NOSO LOGO
Logo de poñer nome á entidade tocou a labor de darlle unha imaxe. Foron moitos os deseños realizados e a súa simboloxía. A votación resolveuse igualmente que o nome do club, por tan só uns puntiños gañou o símbolo da "ÁRBORE DA VIDA", un símbolo que nos enorgullece levar porque a árbore representa a vida en si mesma e tamén o camiño "DO" co que pretendemos percorrela.

© 2016 SANGIAO TAEKWONDO CLUB
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar
sangiao taekwondo